O nordeste manda na Ramiro Carregal Rey e leva aos veleiros da regata desde Ribeira ata Portosín

26 Xuño 2021

Arroutado márcase un gran día de regatas e lidera o Gran Trofeo Faro de Corrubedo Brillante actuación do Cámping Ría de Arousa á fronte dos Cruceiro co Kanala líder en Cruceiro/Regata

Arroutado. Foto Marta Domínguez

Con saída puntual, ás 12 horas do mediodía, o Oficial Principal do Comité da Regata Ramiro Carregal Rey daba a saída á XXI edición da cita velística do Barbanza, un percorrido costeiro pola comarca que levou á frota desde Riveira ata
Portosín.
Paso pola boia de desmarque, fondeada a media milla do PIN de saída, e izada de Jennakers e Spinnakers, embolsando os 8 nós de vento que reinaban na Ría de Arousa, tendo que arriarlos antes do paso pola Sinal do Castro, ao cambiar a dirección da compoñente que, por uns instantes, foise ao sur.
Paso por Sagres sen complicacións, de novo co maior velamen despregado e carreira de galgos por Corrubedo, facendo as honras ao seu paso o primeiro en deixar o pobo polo seu costado de estribor, o Arroutado, de José Manuel Pérez, do Real Club Náutico Portosín, homenaxeando a unha das regatas insignes e anfitrioa do evento, o Trofeo Gran Faro de Corrubedo, moi seguido en tempo real polo Siradella, de Francisco Gude, do Real de Portosín.

Camping Ría de Arousa. Foto Marta Domínguez

Con estas condicións e con elevada marxe de tempo entre Divisións, a clase Regata lidéraa o Arroutado. O barco de Pérez faise tamén coa clasificación xeral do Gran Trofeo Faro de Corrubedo, que terá que defender mañá domingo nos bastóns. Segundo en Regata é o Siradella, sendo terceiro o Moucho, de Daniel Ayaso, do Club Náutico e Deportivo de Riveira.

Corsario, foto Marta Domínguez

Na clase Cruceiro/Regata é outro barco local o que se pon na cabeza. O Kanala, de Ignacio Ecenarro, marcou o mellor tempo desta División, completando o podio o Monterrei, de Paula Fernández, tamén de Portosín, pechando o caixón o Sempre Volve, do Club Náutico Arousa Norte.
Nos Cruceiro gran actuación do Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Ro Yacht Club, que rexistrou o segundo mellor tempo da xeral. A posto prata adxudícallo o Orlando, de Gerardo Sánchez-Brunete, tamén do Ro Yacht Club, sendo terceiro o Gladiador, de José García, de Portosín.
Mañá domingo resólvese a Regata Ramiro Carregal Rey, coa posta en escena dos barlovento-sotavento, a condición de que as condicións meteorolóxicas sexan as adecuadas.
A entrega de premios está prevista ás cinco da tarde nas instalacións do Real Club Náutico Portosín.

Orlando, Foto Marta Domínguez

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...