O Mercado da Serea celebrarase este sábado 26 na contorna do Pazo de Goiáns

25 Xuño 2021

Finalmente o Mercado da Serea que ía organizar o Concello de Boiro este sábado 19 de xuño na contorna do remodelado Pazo de Goiáns, terá que ser adiado até o 26 de xuño por mor da previsión climática desta fin de semana, que non se presenta como a máis axeitada para a organización de actividades ao aire libre.

A edil de Cultura María Outeiral na presentación da iniciativa

Porén, o programa de actividades e as participacións previstas mantéñense, ao igual que o obxectivo básico: “Xerar un espazo de oportunidades profesionais do mundo da artesanía, as artes e o traballo de artistas e profesionais”, en palabras do Concello, principal impulsor do evento.

Vinte postos

O Mercado da Serea vai contar con 20 postos, dos cales 5 son de Boiro, con produtos diferentes como son a ilustración, xoiaría, roupa de autora, completos, cerámica, coiro, estampa, instrumentos musicais, escritura e cervexa artesanal. O mercado vaise instalar na contorna do Pazo de Goiáns entre as 11 e as 21 horas

Milena Joyas, Deica Creacións, Arco da vella, Amorote, Jatafarta, Conloquetengo, Salsa Gaucha, Os Alegres, Alén das olas, Xurelo asmático, Redeiras Illa da Estela, Tejeluz, Imprimitresde, Da ría Luv, Carracuca, Jardinería Espiñeira, Pedras de papel, Raposiñas, Guitarras Vieites e Cervexas Meiga son os postos de artesanía que participan nesta primeira edición da actividade.

A edil de Cultura, María Outeiral, fixo saber na presentación do Mercado da Serea, que ademais deste postos, durante o día haberá obradoiros patrocinados por Artesanía de Galicia, para os que se require inscrición no propio día do mercado, concertos de Mallou ás 12.30 horas e The Cuncas 19.30 horas, para os que se require inscrición previa a través dos formularios dispoñíbel na web municipal. Segundo engadiu a concelleira, “vai ser unha xornada moi especial pola contorna na que se vai celebrar e polos artesáns que participan e agardamos que o Mercado da Serea se consolide como unha cita coa artesanía na comarca”.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.