O eclipse anular de Sol deste xoves 10 de xuño poderase ver en Galicia

09 Xuño 2021

O eclipse anular de Sol deste xoves 10 de xuño poderase ver desde España, incluído o noroeste peninsular, como parcial, segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional ( IGN), organismo dependente do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.

En España, a eclipse verase como parcial. Terá unha magnitude (fracción do diámetro solar ocultado pola Lúa) de 0,2 na costa noroeste (A Coruña), ao redor de 0,1 no interior e nordés da península, e ao redor de 0,02 ou algo maior no sueste, nas illas Baleares e nas illas Canarias.

A eclipse parcial será visible no norte de América do Norte, Europa e Asia. Iniciarase no océano Atlántico, a unha latitude de 23º, e terminará ao sueste de Kumul, na rexión autónoma de Sinkiang (China). A duración total do fenómeno será de 299 minutos (case 5 horas).

A eclipse de Sol deste xoves 10 de xuño poderá verse en Galicia a partir das 10,49 horas. A primeira zona da xeografía galega onde o fenómero será visible é a costa da Coruña, aínda que a diferenza a outros puntos como Ourense será de apenas un minuto.

Artigo: “O día 10 eclipse parcial de sol”. José Ángel Docobo Director do Observatorio Astronómico da USC Ramón María Aller

Observatorio Astronómico da USC Ramón María Aller

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.