“O día 10 eclipse parcial de sol”. José Ángel Docobo

09 Xuño 2021
Artigo escrito por José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller

Na mañá do vindeiro xoves dia 10, dado que a dia de hoxe a previsión meteorolóxica non é mala para ese dia, teremos a oportunidade de contemplar unha eclipse parcial de Sol aínda que de baixa magnitude.
En realidade trátase dunha eclipse anelar xa que logo a Lúa estará próxima a súa posición mais afastada da Terra (apoxeo) e non será quen de tapar completamente ao Sol. Porén, como anelar vaise ver só nunha banda de territorio que vai dende Canadá, pasando por Groenlandia, o mar Ártico e o estremo oriental de Siberia. Fora desa zona, a eclípse será parcial e a Lúa ocultará tanto menos ao Sol canto mais nos alonxemos de dita zona. Concretamente, na Península Ibérica a magnitude da eclipse (fracción máxima do diámetro solar ocultado) terá o meirande valor en Galicia ( 0,2), disminuindo segundo se descenda cara o sur.
O fenómeno completo comezará ás 10:12 e rematará ás 15:11. En Galicia poderá seguirse dende as 10:49 e as 12:41 (horas para Santiago de Compostela).
As últimas eclipses parciais de Sol observadas en España o foron en 2015 e 2017. En 2005 puidose seguir completamente unha eclipse anelar.
Dentro de cinco anos haberá a posibilidade de ver unha eclipse total na Península e ano e medio despois, outra anelar.
Lémbrase que para o seguimento das eclipses de Sol hai que seguir rigurosas medidas de seguridade. Non se pode mirar ao Sol sen a protección adecuada e menos usando prismáticos ou telescopios. Recoméndase usar as gafas especiais para eclíses ou como moito cristais de soldadura de máxima protección, pero aínda así facelo durante
escasos segundos.
JOSÉ ÁNGEL DOCOBO DURÁNTEZ
Observatorio Astronómico Ramón María Aller USC

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.