O Consistorio ribeirense exhibe 70 fotografías subacuáticas da man do Club Sotavento

12 Xuño 2021
Expo no Consitorio Club Sotavento

A Casa do Concello exhibe a Primeira Exposición Subacuática do Club Sotavento, integrada por unhas 70 fotografías que poderán ser contempladas no consistorio local ata o vindeiro 30 de setembro.
No mediodía de hoxe tivo lugar o acto inaugural, que contou entre outros coa participación da primeira tenente de alcalde María Sampedro, a concelleira de Deportes Juana Brión; Héctor Costa en representación do Club Sotavento, e Javier Núñez, presidente da Federación Galega de Actividades Subacuáticas.
Segundo avanzou María Sampedro, a exposición eríxese como unha “antesala” do campionato galego de fotografía submarina que imos ter nas augas do noso termo municipal o vindeiro 20 de xuño.
Con esta iniciativa prosegue o obxectivo de achegar diferentes expresións culturais como, neste caso, a fotografía, a quen pase poloconsistorio local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...