O Concello de Ribeira, a favor da habilitación dun cuarto xulgado no partido xudicial local

10 Xuño 2021

O Concello de Ribeira emitiu este 10 de xuño un comunicado no que manifesta publicamente a súa coincidencia coa delegación en Ribeira do Colexio Oficial de Avogados da A Coruña sobre a necesidade da implantación dun cuarto xulgado neste partido xudicial.

Tanto e así que o Concello está disposto a “prestar a súa colaboración acondicionando se fose necesario o andar baixo-cuberta do edificio”, de tal xeito que “os custes derivados desta ampliación se circunscriban ao persoal necesario para poder dispor desta unidade xudicial”.

Así mesmo, o Concello informa de que está en xestións coa Dirección Xudicial de Xustiza para que se poida habilitar unha sala dos xulgados a determinados actos como prestación de declaracións, exhortos, etc., “habida conta de que as dúas salas de audiencia alí emprazadas están sendo utilizadas para a celebración de vídeo-conferencias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.