O Concello de Boiro súmase á campaña Liberdade de Ser e Sentir

08 Xuño 2021

O Concello de Boiro súmase, un ano máis e como entidade colaboradora e co-organizadora, á campaña Liberdade de Ser e Sentir. Esta actividade estará impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do día da diversidade sexual, que se celebra o 28 de xuño.

O programa inclúe actividades para todos os públicos que se difundirán a través das redes sociais. Isto ten como obxectivo ofrecer contidos de sensibilización sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero.

A iniciativa combina dous formatos: presencial e dixital. Ademais, contará con actividades como contacontos infantís, pílulas divulgativas en formato dixital, materiais didácticos, xogos interactivos e a celebración dunha palestra nas entidades de diversos colectivos, que abordará os retos de futuro da diversidade sexual.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.