O Concello de Boiro presenta a oferta formativa de actividades deportivas para este verán

14 Xuño 2021

O Concello de Boiro, a través do servizo municipal de Deportes, presenta a oferta formativa de actividades deportivas para este verán. Así, nos meses de xullo e agosto vaise fomentar a práctica deportiva a través da realización de deportes como remo, volei praia ou taekondo.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e o técnico municipal de deportes, Manuel González, presentaron na mañá deste 14 de xuño a oferta de actividades para a tempada estival, a cal inclúe propostas como son remo, piragüismo, volei praia, baloncesto, atletismo, tenis, iniciación ao taekwondo e vela.

Ademais, Os Veráns Deportivos abranguerán tamén actividades para mozos e adultos, ximnasia para xubilados e o Boiro Actívate para persoas con doenzas especiais.

Doutra banda, o programa inclúe competicións deportivas dos propios clubs, que se organizan coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes: o II Campus Deportivo Rufino Regueira de natación e tríatlon, o VIII Campus de Baloncesto Obradoiro CAB, o campus de volei e de volei praia, o Campionato Galego de Vela por Equipos, o Depor Campus, a IV Travesía Illa da Bensa ou a Liga ACT de traíñas.

O prazo de inscrición ás actividades abre o 15 de xuño. Para máis información, pódese consultar a páxina web do servizo de Deportes do Concello de Boiro ou acudir de xeito presencial á Casa da Cultura de Boiro. Tamén está activo o teléfono 981 84 84 25 e o enderezo electrónico deportes@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.