O Concello de Boiro e o CINA impulsarán o deporte da vela no termo municipal

01 Xuño 2021

O concelleiro de Deportes de Boiro, Marcos Fajardo, e o concelleiro de Turismo, Raúl Treus, mantiveron este primeiro de xuño unha xuntanza coa dirección do Centro Internacional de Navegación de Arousa (CINA) para trazar liñas de traballo conxunto entre as dúas entidades para o desenvolvemento da vela no municipio.

Por parte do CINA asistiron o presidente, Jorge Benedet; o vicepresidente primeiro, Ramón Ares; a vicepresidenta segunda, Silvia Gerbolés; o tesoureiro, José Miguel Montejo; e un vogal, Luis Villaverde.

Os representantes do centro mostraron perante o Concello de Boiro os cursos de formación de vela lixeira que a entidade vai levar a cabo este verán en augas do termo municipal. En total vanse realizar 7 cursos, 3 no mes de xullo e 4 no mes de agosto. Tamén engadiron que para este verán ofrécense 14 bolsas para boirenses, dúas en cada curso, coas que “se financia a participación na actividade e só sería preciso aboar as taxas correspondentes”, explicaron os responsábeis da entidade.

Ademais dos cursos de formación durante o verán, dende e dirección do CINA propuxeron ao Concello outras actividades relacionadas coa concienciación ambiental e a promoción turística.

O Centro Internacional de Navegación de Arousa constituíuse no verán de 1968 e ten base en Boiro, na Punta do Chazo, dende fai 30 anos.

Toda a información sobre as actividades e inscricións poden facerse a través da web do CINA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...