O Concello de Boiro celebra o VI Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica na modalidade slálom

15 Xuño 2021

O Concello de Boiro colabora co club ADECO-DEA na celebración do VI Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica na modalidade slálom, que se celebrará nas instalacións do Club Náutico de Boiro este sábado, 19 de xuño.

O Campionato Galego de Motonáutica na modalidade de slálom é unha proba de habilidade no manexo de embarcacións. Segundo José Barrio, o presidente de ADECO-DEA, “a motonáutica inclusiva xurdiu hai seis anos en Galicia con interese de que as persoas con discapacidade puidesen desfrutar do entorno náutico. Propúxose este campionato con esta modalidade, que non se trata dunha proba de velocidade senón de habilidade no manexo dunha embarcación”. Na mesma liña, o presidente do club náutico de Boiro, Manuel Fajardo, sinalou que “é un orgullo volver a celebrar esta actividade”.

Doutra banda, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu ao club e ao náutico a súa implicación para levar a cabo este tipo de probas e convidou a toda a veciñanza a que se achegue a ver o campionato o vindeiro sábado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...