O Centro Social de Outes achega este verán un completo programa de actividades saudábeis

09 Xuño 2021

O Centro Social de Outes vén cun completo programa de actividades para este verán. A axenda comezou o pasado 1 de xuño con camiñadas saudábeis para os maiores, levadas a cabo en diversas lugares e datas, para fomentar o deporte e mellorar o benestar dos maiores.

Desta forma, vaise realizar unha charla sobre plantacións ecolóxicas, que impartirá María Consuelo Molinos Núñez, enxeñeira técnica agrícola en ADISBISMUR, e Mary Carmen Estévez Lourido, monitora de viveiros en ADISBISMUR. A conferencia celebrarase no Centro Sociocultural da Vila de Montes o día 16 xuño, ás 18:00 horas. Ademais, levarase a cabo o 22 de xuño, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Cando e o 24 de xuño, ás 18:00 horas, no centro Social de Outes.

Doutra banda, dende mañá, día 10 de xuño, ata o 17, celebrarase un curso de elaboracións caseiras con leite. O horario será de 17:00 a 20:00 horas e será impartido por Carmen Freire, especializada en horticultura e transformación ecolóxica dos alimentos. Na mesma liña, terá lugar do 12 ao 19 de xuño, un taller de cociña saudábel con hortalizas e sobremesas. Este será impartido por Manuel Rey Pérez, chef do restaurante Kratos – Brión, e Graciela Sendón.

Este mes tamén haberá un curso práctico sobre o uso do móbil, que se realizará na Casa da Cultura de Outes e diversas xornadas de ioga terapéutico. Ditas actividades deportivas se prolongarán ata o 30 de setembro, ao igual que os pasatempos de música e movementos que sairán ás rúas.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...