O alcalde de Boiro recibiu ás patinadoras que competiron na primeira fase do torneo autonómico

26 Xuño 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, recibiu na tarde deste 25 de xuño ás nenas do Club de Patinaxe Boiro que competiron na primeira fase do torneo autonómico.

Marta Canosa, podio na categoría infantil; Vera Fernández, podio na categoría alevín; Mencía Chouza, Alba Millán, Julia tella e Xiana García estiveron acompañadas de Marga Hermo, a directora de relacións institucionais de JEALSA, de Celeste García, delegada do Club e de María Triñanes, a súa adestradora.

No salón de plenos da Casa Consistorial explicáronlles ao alcalde como é o seu día a día o esforzo que supoñen as horas de adestramento que realizan para mellorar o equilibro, a posta en escena e a coordinación e máis habilidades necesarias para a práctica deste deporte.

Aproveitaron a visita para convidar ao executivo a visitar o Polideportivo de Praia Xardín onde adestran xa que, a partir do 1 de xullo comeza o campus de patinaxe que organizan durante o verán e que tivo moi boa aceptación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.