Novo número de Código Cero, revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia

10 Xuño 2021

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.

Nesta nova entrega da revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, dedicamos unha especial atención á celebración de grandes acontecementos argalleiros na nosa terra: a Maker Faire Galicia, Galiciencia e a First LEGO League Galicia. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O CPEIG comparte co sociedade galega as últimas novidades sobre transformación TIC
– O CITIC inaugura un espazo único en Galicia: o seu Demostrador Tecnolóxico
– AMTEGA e FEGAUS achegan máis formación para maiores na rede de aulas CeMIT
– O Concello de Ames e a Deputación da Coruña ultiman os detalles do centro
– A Proa A páxina bus.gal aglutina toda a información sobre as novidades en transporte público galego
– A plataforma Patrimoniogalego.net celebra os seus dez anos de andaina na Rede
– GAIN abre o prazo para os terceiros Premios aos Empregados Públicos Innovadores
– As operadoras seguen a encher as nosas comarcas de banda larga e 5G
– A USC impulsa unha plataforma para que a cidadanía aporte o seu xeito de falar en galego
– Política Lingüística achega as aventuras de Os Bolechas ao colectivo de nenos xordos
– A cultura galega afiánzase na Rede con novas e importantes novidades de dixitalización
– Galicia ponse na vangarda das tecnoloxías 5G da man da operadora Orange
– O evento G-Night pon a ciencia e a tecnoloxía das nosas universidades ao alcance da man
– As empresas e institucións achegan en plena primavera un novo menú de innovación
– Amnesia 3.0, a primeira webserie interactiva galega, chega ás pantallas grandes
– Videoxogo.gal, MUVI e Devuego xuntan forzas para visualizar a industria galega

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.