“Noruega, Feroe, Reino Unido e Groenlandia saquean a pesqueira da xarda”. Antón Luaces

25 Xuño 2021

Galicia, xunto con Asturias, queda marxinada dos criterios de reparto da xarda tanto no conxunto da Unión Europea como no que se leva a cabo no Cantábrico, onde Guipúscoa, Biscaia e Cantabria, marcan os pasos a dar polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a través da Secretaría Xeral de Pesca.
A costeira da xarda recén rematada significou para os máis de 600 barcos galegos de  cerco, arrastre e artes menores un visto-non visto, con pouco máis de 8.000 toneladas capturadas, cantidade que, de non ser polo que doe simplemente dicilo, da noxo se a comparamos coas 298.299 toneladas que se autoadxudicou Noruega (o 35% do total disponible, co que incrementou nun 55% as súas posibilidades de captura). É o “regalo que o Reino Unido deixa a Europa após o Brexit e a propia recuperación da súa condición como país de seu mesmo no que ven ser a repartición da xarda, na que tamén entran as Illas Feroe (arquipélago autónomo que non forma parte da UE pero sí do Reino de Dinamarca, Estado membro da Unión).

As recomendacións de pesca emanadas de organizacións como NEAFC ou ICES -de gran predicamento continental- para nada son respectadas por Noruega (país asociado pero non membro da UE), e tampouco polas Illas Feroe. Entre os dous aprópianse dun 50% máis da xarda capturada xa en 2020, cando Noruega fixou unha cota de 298.000 toneladas, ás que se suman as 167.00 de Feroe, as 222.000 do Reino Unido, as 120.000 de Rusia, 141.000 de Islandia, e as 60.000 de Groenlandia (nación constituínte do Reino de Dinamarca) que deixan á UE só 100.000 toneladas das que 32.000 corresponden a España.

 Resulta insultante que a suma dos habitantes de Noruega (uns 6.000.000), Illas Feroe (50.000) e Groenlandia (19.000) non cheguen a ser a cuarta parte da poboación de España e que, mentras eles se adxudican máis de medio millón de toneladas de xarda, España teña que se  conformar con 32.000 toneladas.

É un reparto tan desigual que non estrana que asociacións galegas como a de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA), Federación Galega de Confrarías de Pescadores, Cooperativa de Armadores de Ribeira, Asociación de Armadores de Arrastre de Ribeira, Pesca Galicia e Arpega-O Barco recoñezan e expoñan as dificultades para “acadar unha rendibilidade axustada á situación biolóxica do stoc e as necesidades da frota”.

O sector pesqueiro galego quere que se revisen os cupos da UE e, especialmente, os de España, eliminando “os cupos totalmente discriminatorios en relación ao resto dos estados costeiros”. Por este motivo recorren á Comisión Europea, ao Goberno español e á Xunta, para que comprendan  que a distribución actual evidencia unha situación de “fonda inxustiza tanto para a UE como para España”, polo que solicitan que as reunións sobre a xestión da xarda sexan públicas e que, nas que participe a Unión Europea, estean presentes membros do Consello Galego de Pesca.

Cada ano, entre os meses de febreiro e maio, chegan ao mar Cantábrico unhas 800.000 toneladas de xarda. Deste total a frota española só poido optar a pescar 32.000 toneladas (2.000 menos que o ano pasado). É dicir: os pesqueiros españois non poden capturar máis do 3% da xarda que “pasa” por augas cantábricas e un 4% das 852.000 toneladas que recomendan os científicos que integran o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES).

É un reparto inxusto que debe ser corrixido canto antes porque, a maiores, aplícanse os dereitos de pesca inventados para compensar non sei qué cousas das frotas de Euskadi e Cantabria, que prexudican escandalosamente ás frotas galegas, especialmente á do cerco.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.