No Son, a cidadanía formouse en medidas básicas de seguridade no mar

30 Xuño 2021

O Concello de Porto do Son organizou esta semana, en colaboración da Escola Galega de Saúde para Cidadáns (dependente da Consellería de Sanidade), un curso de balde sobre seguridade en actividades de lecer no mar. Foi unha actividade formativa de tres horas e celebrouse na Casa da Cultura do Son, este luns 28 de xuño.

O obxectivo desta activade foi concienciar á poboación da importancia da seguridade e prevención nas actividades náuticas, así como coñecer e distinguir as medidas para previr os accidentes.

A sesión correu a cargo de Manuel Capeáns Álvarez, xefe do Centro de Control de Tráfico e Salvamento Marítimo de Fisterra.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.