Na Pobra comezan este 14 de xuño os traballos de limpeza manual de areais

11 Xuño 2021

Do día 14 de xuño ata 15 de setembro desenvolveranse no municipio da Pobra do Caramiñal as tarefas de limpeza manual de praias e espazos naturais. A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), sinala que para a realización destes traballos contratáronse oito operarias e operarios, cuxa selección efectuouse a través dunha bolsa de emprego.

Neste senso, a Administración local é beneficiaria dunha subvención por parte da Deputación da Coruña por un importe de 23 361’97 euros para axudar a sufragar os gastos.

Por outra banda, o Concello lembrou que os labores de limpeza mecánica nos areais do concello estanse a levar a cabo xa dende Semana Santa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.