Mar achega oito drons para tarefas de salvamento e descontaminación

04 Xuño 2021

AConsellería do Mar presentou novidades no programa de dotación e renovación de medios para o labor do persoal mariñeiro. Así, subministraranse 8 drons, dos cales 4 serán submariños e os outros 4, aéreos, co fin de favorecer as tarefas de salvamento e loita contra o furtivismo e a contaminación mariña.

A conselleira do Mar empregando os novos dispositivos nunha imaxe de Moncho Fuentes

Desta forma, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, fixo fincapé “no importante papel do Servizo de Gardacostas de Galicia na protección do medio mariño e das tarefas de salvamento e loita contra o furtivismo e a contaminación mariña”. Quintana destacou “a dársena coruñesa de Oza como zona onde partiu a bordo unha embarcación para comprobar o funcionamento destes medios”.

En xeral, os drons están distribuídos nas bases que Gardacostas ten na Coruña e Vigo e tamén nos servizos centrais de Santiago de Compostela e na embarcación itinerante Paio Gómez Chariño. Cabe mencionar que nos dous últimos casos son para os desprazamentos itinerantes por toda a costa. Este novo equipamento supón un custe total de arredor de 22.000 euros.

A iniciativa súmanse ao plan de renovación parcial da frota que está a desenvolver a Xunta no Servizo de Gardacostas e que leva acumulado máis de 12 millóns de euros de investimento. Ademais, a estas unidades engadiranse outras que supoñen un investimento total de máis de 10 millóns de euros. Por exemplo, 4 patrulleiras lixeiras con base en Ribeira, Celeiro, Vigo e A Coruña. Todas as embarcacións son aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota, colaboración en operacións de busca e salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña. Doutra banda, ampliarase o cadro de persoal do organismo autonómico, que incorporará máis de 40 profesionais nos últimos anos para labores de inspección veterinaria e de loita contra o furtivismo, e coa renovación de máis dunha vintena de vehículos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...