“Máis peixe sapo para a frota do Gran Sol”. Antón Luaces

30 Xuño 2021

A frota española do Gran Sol, con maioría de barcos que teñen a súa base e armadores e tripulantes en portos de Galicia, incrementa en máis dun 60% a cota dispoñible de peixe sapo (rape) en 2021. ,Este aumento acádase polo intercambio con Francia e Bélxica e ven ser máis alto que o realizado nas mesmas datas do ano 2020. 

A cambio, España cede cotas de especies de menor utilización por parte da frota española de Gran Sol, como o badeixo e a cigala nas augas de Francia e cigala e meigas en augas de Irlanda e Francia.

Ao intercambio realizado súmase un incremento da cota total inicial de España de máis dun 3% neto, após o acordo acadado entre a Unión Europea e o Reino Unido sobres os TAC (Totais Admisibles de Capturas) de 2021. A boa situación biolóxica desta especie compensa a mínima cesión efectuada ao Reino Unido no Acordo de Comercio e Cooperación entre ambas as partes.

A cambio, España cede cotas de especies de menor utilización por parte da frota española de Gran Sol : badeixo e cigala nas augas de Francia ou cigala e meigas nas augas de Irlanda e Francia, que están distribuídas individualmente entre os buques desta frota, e vontariamente aportan ao intercambio nas consultas efectuadas. Tamén se aportaron cantidades de xurelo do Mar do Norte, onde a frota española non ten actividade, de raias en augas de Irlanda e Francia, e de xurelo en augas de Francia, unha cantidade esta última que non resulta posible aproveitar no caladooiro nacional polo límite establecido pola UE á flexibilidade entre zonas.             

Esta operación enmárcase nos intercambios de cotas cotiáns con outros Estados membros, imprescindibles no caso desta especie, onde a asignación a España pola Política Pesqueira Común (PPC) é tradicionalmente insuficiente para as necesidades da frota. …

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.