Luns sen cambio no tempo con risco de treboadas pola tarde cara o interior

13 Xuño 2021

Este luns quedará caracterizado aínda polas condicións de inestabilidade atmosférica debido á presenza de aire frío en altura. Isto fará que a xornada comece con algún intervalo de nubes e néboas illadas, pero tamén moitos puntos de ceo despexado; a partir do mediodía medrarán nubes de evolución que deixarán chuvascos de tipo tormentoso, máis probables no interior, localmente acompañados de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas terán un descenso e os ventos soprarán frouxos de dirección variable en xeral.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:100.9 m
Preamar07:173.2 m
Baixamar13:111.0 m
Preamar19:333.4 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:011.0 m
Preamar07:093.1 m
Baixamar13:051.1 m
Preamar19:243.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:060.9 m
Preamar07:143.1 m
Baixamar13:091.0 m
Preamar19:293.4 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.