Lolita Moda e o remeiro Caetano Horta reivindicarán nos Xogos Olímpicos o téxtil galego, sustentábel e innovador

14 Xuño 2021

Na mañá deste venres 11 de xuño celebrouse na sede da empresa local Lolita Moda Multimarca a presentación da súa nova marca de roupa Klout, que formará parte do vestiario do deportista olímpico local Caetano Horta (Noia, 2003) ao longo do vindeiro ano.

Na cita participaron varios membros da Corporación municipal. Boa parte da atención dos participantes centrouse na nova camiseta de edición limitada que forma parte do selo Klout e que foi deseñada co gallo dos Xogos Olímpicos de Tokio e da participación de Horta nos mesmos.

No mesmo acto, a confraría de pescadores San Bartolomé fixo entrega ao remeiro noiés dun cheque de 5.000 euros.

O Concello agradeceu a iniciativa da Confraría e o espírito emprendedor e innovador de Lolita Moda. Amais, desexoulle a Caetano “o maior dos éxitos”.

Histórico establecemento

Lolita Moda é un histórico ao mesmo tempo innovador establecemento galego de moda. Xorde en Noia en 1960 como un negocio familiar. Actualmente dispón de oito tendas físicas (tres delas especializadas en nenos) en Boiro, Noia, Ribeira, Bertamiráns (Ames) e Pontevedra.

No 2014 lanzan a súa tenda online, con máis de 50 marcas e 7.000 referencias.

Lolita Moda foi creada no 1960 da man de Dolores González e Mario Hermo e hoxe en un auténtico referente en transformación dixital dos sectores máis tradicionais.

O selo Klout

A nova marca Klout foi presentada como unha marca cen por cen da nosa terra, que xorde do punto onde conflúen deseño e conciencia ambiental e que ten o obxectivo de “contribuír á protección da Terra desde a industria da moda”.

Esta fusión de moda e sustentabilidade vese reflectida no logo, que está inspirado nas follas de carballo, unha árbore autóctona en Galicia e un dos nosos grandes símbolos culturais, históricos e ambientais. Neste punto precisamente é onde nace Klout, “unha marca que potencia a fabricación e deseño nacional, porque cremos que agora o máis importante é seguir innovando e creando”, explicaron nos seus días os responsábeis da empresa noiesa de téxtil.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.