Finaliza na Pobra o curso de orientación para o logro

O Concello da Pobra do Caramiñal puxo fin á terceira das accións formativas dirixidas a persoas con discapacidade que se desenvolveron no municipio dende mediados de mes.

O plan rematou co curso de orientación para o logro, que tivo lugar do día 31 de maio ao 2 de xuño, que se sumou ao obradoiro de comunicación impartido do día 18 ao 21 de maio e ao taller en equipo que se realizou do 24 ao 27 de maio.

A concelleira Amparo Cerecedo e a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, desprazáronse ata o auditorio do Museo Valle-Inclán para o acto de clausura dunhas sesión formativas organizas pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal e FSC Inserta.