Este xoves comeza a campaña extractiva da nécora e o lumbrigante

29 Xuño 2021

A extracción da nécora e do lumbrigante ábrese este xoves 1 de xullo en toda Galicia e prolongarase até o 5 de xaneiro de 2022 no caso da nécora e ata o 31 de marzo do vindeiro ano no caso do lumbrigante. Trátase dos períodos autorizados de acordo co recollido no Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023.

En canto á nécora, as medidas de xestión para a súa explotación desenvólvense na resolución pola que se aproba o plan experimental para a xestión desta especie e do camarón coa arte de nasa nécora e camarón. A vixencia deste plan, que publica este 29 de xuño o Diario Oficial de Galicia (DOG), abrangue desde este xoves 1 de xullo ata o 30 de xuño de 2023.

Na resolución pola que se aproba o plan fíxanse cuestións como o número de nasas permitido segundo o tamaño da embarcación e o número de tripulantes enrolados e a bordo ou o horario de lance de nasa nécora e camarón, que será nocturno agás algunhas excepcións nas rías de Arousa e Vigo, nas que o calamento tamén poderá ser diúrno. Estes dous horarios -nocturno e diúrno- serán excluíntes entre eles. A resolución establece tamén que as nasas para a captura de nécora e camarón deberán ser levantadas e levadas a porto diariamente unha vez cumprido o horario de traballo.

De acordo co Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023, a veda da nécora en 2022 prolongarase entre o 6 de xaneiro e o 30 de xuño mentres que no caso do lumbrigante a prohibición da súa captura estenderase do 1 de abril ao 30 de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.