Este xoves arrinca unha nova edición da campaña de estudo de conservación da vida mariña nas Illas Atlánticas

16 Xuño 2021


Este xoves chegará ás Illas Cíes o primeiro grupo de voluntarios da cuarta edición da campaña de estudo de conservación da vida mariña nas Illas Atlánticas, un programa posto en marcha pola Xunta en colaboración coa organización ecoloxista WWF.

Foto WWF

Durante o próximos catro meses, estes voluntarios solicitarán información sobre a interacción humana co medio mariño e as poboacións de aves mergulladoras en tres dos catro arquipélagos que compoñen o parque nacional Illas Atlánticas.
Así, o primeiro grupo arribará a Cíes e terminará o seu traballo en Sálvora a finais de xuño. Sairán do porto de Vigo na tarde do xoves en dirección ás illas da costa viguesa, onde permanecerán as primeiras xornadas antes de poñer rumbo a Ons e a Sálvora para conseguir datos das tres agrupacións de illas. Os outros tres quendas desenvolveranse durante a segunda quincena de xullo e entre o 12 e o 24 de agosto.

A información recollida servirá para mellorar o coñecemento do medio mariño no parque nacional e as actividades que acolle, ademais de fortalecer a información sobre a fauna que habita nestas illas. (A)

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.