Este 5 de xuño volve a Noite Aberta ás rúas de Boiro

02 Xuño 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e o Concello presentaron este 2 de xuño a nova edición da Noite Aberta, un evento de dinamización económica, social e cultural que regresa ás rúas de Boiro logo de dous anos de inactividade motivada pola COVID-19. A ABE recupera a Noite Aberta cunha edición especial, este sábado 5 de xuño.

Segundo sinalou a asociación, os ingredientes básicos serán os descontos (ofrecidos polos comercios durante toda a xornada, con apertura de portas até as 23.00 horas), as actividades na rúa e os sorteos de agasallos.

Durante toda a xornada, o Concello de Boiro colaborará arreo coa iniciativa programando actividades de animación itinerante polas rúas comerciais da vila baixo a seguinte axenda:

-Espectáculo de Troula Animación – Hakuna Matata.

Horario de 11.30 a 13.30 horas.

-Espectáculo Cé Orquestra Pantasma.

Horario: 19.00 -20.30 hs.

-Espectáculo de Troula Animación – Funky Brothers.

Horario: 21.00 – 23.00 horas.

Sorteos

Haberá dous sorteos de 250 euros en vales de compra.

O primeiro será nas redes sociais da asociación no que se premiará a un dos seguidores cun vale de 50€ (mais información nas redes sociais de Boiro Aberto).

O segundo será entre todas as compras realizadas na Noite Aberta entre as que se sortearán 4 vales de 50 € para o que se estreou aplicación web (da que falamos hoxe en O Barbanza).

Para participar no sorteo das compras realizadas, as persoas que merquen deben rexistrar os seus tíckets na páxina web da ABE (www.abe.gal) ata o luns 7 de xuño ás 10.00 horas. O sorteo realizarase ese mesmo día ás 12.00 horas.

A presentación

A presentación do evento realizouse na mañá deste 2 de xuño na sede da ABE. Participaron o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, a concelleira de Cultura, María Outeiral, e o presidente da ABE, Daniel García.

Como dixemos, o departamento de Cultura do Concello de Boiro programa actividades durante a xornada, que consisten en espectáculos itinerantes de animación que percorrerán as distintas rúas comerciais do casco urbano do municipio durante o día.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...