A ABE activa unha aplicación web para realizar sorteos de xeito dixital

02 Xuño 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de dar un novo paso en materia de transformación tecnolóxica: un proceso no que se inclúe o seu propio xeito de dar servizo ás empresas e á cidadanía e, tamén, o seu compromiso con revitalizar o tecido económico nestes tempos de progresiva desescalada. Baixo este espírito, puxo en marcha unha nova aplicación web para realizar sorteos e concursos “de forma totalmente dixital”.

A ferramenta, que está aloxada na paxina web da asociación permite que os clientes rexistren os tíckets de compra dos establecementos asociados e poidan participar en sorteos organizados pola ABE.

Como funciona?

A patronal boirense salienta a sinxeleza da ferramenta, xa que permitirá aos clientes participar nos sorteos seguindo tres simples pasos:

1. Facer unha foto do tícket de compra.

2. Entrar en www.abe.gal e subir a foto do tícket.

3. Indicar no formulario o nome, o teléfono do cliente e o comercio no que mercou.

A maiores, se o usuario aportou o seu correo electrónico no formulario, recibirá unha copia da súa solicitude de participación, acompañada da referencia única asignada polo sistema.

A ABE, co obxectivo de controlar todo o proceso, contará cun servidor que recibe os datos do formulario e valida e asigna unha referencia única, amais de rexistrar a solicitude de participación. “Con isto podemos revisar que os tíckets pertenzan a empresas asociadas e que non se repitan”, explican dende a patronal boirense, poñendo o foco nalgunha das principais vantaxes desta nova ferramenta, entre as que se atopan as seguintes: mellorar a imaxe da asociación e aposta polas novas tecnoloxías, permitir facer moitos máis sorteos e máis baratos (xa que non se precisan rifas), contribuír a mellorar o medio ambiente ao non empregar papeis nin tintas, ou elaborar campañas específicas para determinados grupos de socios.

Tamén posibilitará desenvolver campañas nas que se impliquen o cen por cen dos socios da ABE, “xa que podemos permitir que se participe con facturas de compra para empresas que non usan tícket como as clínicas dentais, empresas de instalacións ou reparacións ou seguros”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...