En Ribeira identificado un individuo como presunto autor dunha madrugada de vandalismo

20 Xuño 2021

Madrugada de traballo para as unidades da policia local e nacional en Ribeira. Segundo as primeiras informacións foi identificado un individuo como presunto autor de gamberradas no caso urbanos da cidade.

Maceteros envorcados na Rúa Galicia. Foto: Accidentes y noticias

Maceteros envorcados, pintadas en telefonillos e fachadas de edificios, vaciado de extintores de garaxes e danos en vehículos foron o resultado dunha noite de actos vandálicos no casco urbano da cidade.

Segundo informou a O Barbanza a Policia Local, ten ixa dentificado de momento a unha persoa, mentres que na comisaria da Policia Nacional foron xa presentadas de momento dúas denuncias por danos contra coches, se ben se ten constancia de que son máis os vehículos danados á espera de presentación de novas denuncias.

Danos en vehículos. Foto: Accidentes y noticias

Os actos afectaron á Rúa Galicia na zona da Praza de Compostela e rúa Cristobal Colón. Mañá a unidade de investigación xudicial da policia nacional farase cargo das pesquisas e esperase que nas próximas horas aumenten as denuncias presentadas.

Envorcado de lixo na rúa Cristobal Colón. Foto: Accidentes y noticias

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.