En Ribeira expertos de Stop Accidentes, infraestruturas e a Garda Civil participan na xornada sobre pasos de peóns seguros

Representantes e expertos pertencentes a organizacións e entidades vinculadas coa sinistralidade automobilística tales como a asociación Stop Accidentes, a plataforma Ponlle Freo, a Axencia Galega de Infraestruturas ou a Agrupación de Trafico da Garda Civil van participar este luns 21 de xuño no salón de plenos do Consistorio
local de Ribeira na xornada de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado que o Concello de Ribeira pon en marcha para lograr uns pasos de peóns máis seguros no ánimo de reducir a sinistralidade.
A devandita Consulta Preliminar está concibida co ánimo de reducir a sinistralidade de viandantes e ciclistas nos pasos de peóns. A iniciativa está enmarcada no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e na EDUSI “Máis Riveira Atlántica 2020” —financiada nun 80% polo FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España ( POPE) 2014-2020.
Por motivos de aforo e para o cumprimento de todas as normativas de seguridade en relación ao COVID-19, as prazas presenciais serán limitadas (igualmente poderase ver en streaming a través de YouTube), debéndose reservar por orde de inscrición en: https://register.gotowebinar.com/register/1503291195903886608.

Xuntanza previa consulta

Programación:
10:15-10:30 Rexistro de asistentes e entrada á webinar
10:30-11:00 Apertura institucional e presentación do acto Dña. Ana Isabel Barreiro Rego, Concelleira de Innovación Tecnolóxica do Concello de Ribeira D. Daniel Castelo Baz, Sarxento 1º e Coordinador do Grupo de Traballo de Seguridade Viaria ATGC Galicia

11:15-11:30 Solucións a problemas de mobilidade nas infraestruturas autonómicas D. Francisco Menéndez Iglesias, Director da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia

11:30-11:45 Compromiso da mobilidade segura e sostible da Xunta de Galicia D. Jeanne Picard Mahaut, Representante da Asociación Stop accidentes 11:45-12:00 Iniciativas cidadás a favor da seguridade vial: Ponle Freno Javier Díez Nogueira, Representante da Plataforma Ponle Freno
12:00-12:15 Problemática de la seguridade vial en el Concello de Ribeira D. Manuel Ruiz Rivas, Alcalde do Concello de Ribeira

12:15-12:45 As consultas preliminares ao mercado como elemento colaborativo de planificación das licitacións
Katia Pérez, Directora de Sector Público / D. Antonio Guimarey, Xerente Sector Público en Science & Innovation Link Office (SILO)

12:45-13:00 Resolución de dúbidas e consultas