En Porto do Son destinarase boa parte do remanente a mellorar a mobilidade, os servizos e o patrimonio das parroquias

07 Xuño 2021

O Concello de Porto do Son vai poñer o foco en realizar importantes melloras nas parroquias do termo municipal, facendo fincapé na posta a punto de estradas, espazos naturais, servizos básicos e tesouros patrimoniais. Este paquete de melloras será abordado co remanente de tesourería de 2020, que ascende a 1,2 millóns de euros, dos cales 800.000 reservaranse para este tipo de traballos.

Avenida da Constitución en Portosín

Inclúense, entre outras cousas, o mantemento do Castro de Baroña do que falamos os días pasados dende O Barbanza (destinado a amañar os estragos producidos polos temporais, principalmente, aínda que tamén polo desgaste inevitábel do elevado número de visitantes que visita o recinto castrexo cada ano), o saneamento en San Pedro (incluíndo traballos de humanización e mellora en Basoñas e Seráns) ou o acondicionamento da avenida da Constitución en Portosín para optimizar o tránsito de vehículo e as paradas de autobús.

Outros artigos

O Son e Ribeira impulsan a XI edición do Obradoiro de Emprego Tahume

Tal e como confirmamos os días pasados dende este medio, o Concello de Ribeira será novamente beneficiario dunha subvención da Xunta (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) para desenvolver o Obradoiro Dual de Emprego Tahume XI, que dende os seus inicios...

+

No Son, o Concello entrega os premios do III Concurso dos Maios

O Concello de Porto do Son compartiu o palmarés da terceira edición do Concurso dos Maios do Concello de Porto do Son. O certame saldouse cunha serie de contribucións "impresionantes", segundo sinalou o Concello, engadindo que "tras descubrir, ver e analizar os...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.