En marcha os traballos para pavimentar o Alto de Rial en Castiñeiras

14 Xuño 2021

O Concello de Ribeira informou do inicio das obras de pavimentación nas rúas Alto do Rial e Fontenova, situadas no núcleo de Castiñeiras. O Goberno local fixo que tanto as lousas de pedra como os elementos do empedrado que conforman a área de actuación “atopábanse nun estado deteriorado” e “ocasionaban reiteradas obras de reparación por parte da brigada municipal de obras, razón pola cal vaise estender unha nova pavimentación”.

A tal efecto, o pavimento está sendo será demolido, con aproveitamento das lousas de pedra en bo estado (que servirán para formar a nova pavimentación) e dos empedrados (adoquíns) existentes, que serán trasladados ao almacén municipal. A superficie será pavimentada cunha capa de formigón de 15 milímetros de espesor na que se intercalarán franxas de lousas de granito de dimensións 60x40x8 centímetros.

A empresa encargada da intervención é Excavaciones Nima, S.L., conforme a unha oferta de 30.844 euros, IVE incluído. O investimento forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación.

O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...