En Dodro o Concello achega actividades formativas para o verán

01 Xuño 2021

O Concello de Dodro vén de achegar dúas actividades educativas para este verán, dúas accións cunha dobre vertente: por unha banda seguir subministrando formación nos meses de vacacións e, pola outra, achegar alternativas de conciliación e lecer para as familias do termo municipal.

Unha destas dúas actividades é a Escola de Verán de Concilia Dodro 2021, que vai dirixida a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As sesións desenvolveranse en catro quendas: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 30 de xullo, do 2 ao 13 de agosto e do 16 ao 31 de agosto. O horario será de 9.30 a 13.30 horas. A Escola de Verán levarase a cabo no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. As prazas son limitadas.

A outra das actividades son as Clases de Reforzo Educativo da ESO, que xa teñen aberto o prazo de preinscrición e que se dirixen a mozas e mozos de primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...