En Boiro aberto o prazo para anotarse ao Campamento de Verán 2021

08 Xuño 2021

O Concello de Boiro vén de anunciar que o prazo de preinscrición no Campamento de Verán 2021 abrirá o día 9 de xuño. A iniciativa levarase a cabo durante os meses de xullo e agosto nas instalación do CEIP Santa Baia de Boiro, co fin de fomentar a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares.
O campamento deste ano está dirixido a nenos e nenas escolarizados de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e ofrece dúas alternativas, por un lado o servizo de Boiro Madruga que se vai a desenvolver de 8:00 a 10:00 horas, e o Campamento e Verán, que será de 10:00 a 14:00 horas. Para o primeiro ofrécense 20 prazas cun prezo de 20 euros mensuais, e para o segundo 70 prazas cun custe de 90 euros por mes.
Inclúese a opción de que se escollan as dúas opcións e o prezo sería de 100 euros mensuais. Como novidade, este ano en existirá un servizo extra de comedor, de 14:00 a 15:00, a través de Chicolino Restauración.
Con esta proposta o que se pretende é facilitar ás familias un recurso de conciliación , ofrecendo unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre baseado en técnicas participativas e activas adaptadas ás medidas de seguridade anticovid.
A preinscrición poderá realizarse do 9 ao 14 de xuño a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas, ou na sede electrónica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...