Empeza o verán: Luns con choivas intermitentes e temperaturas máximas en ascenso

20 Xuño 2021

O luns a comarca e Galicia manterase na influencia das baixas presións,e como consecuencia o ceo estará parcialmente cubertos, con chuvias de carácter intermitente probables en calquera punto, máis frecuentes e intensas pola mañá e xa pola tarde con nubes e claros. As temperaturas de madrugada non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso rondaremos os 20 graos, iniciandose unha recuperación que nos tarerá calor cara o san Xoán. O vento soprará moderado do noroeste.

O verán comeza ás 5,32 horas deste luns, 21 de xuño. En dito instante o Sol estará no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación con respecto ao ecuador (máxima declinación). Nestes días, polo tanto, temos a meirande diferenza entre o día e a noite.

A estación que agora comeza prolongarase ata as 21.21 horas do 22 de setembro. Estes 93,66 días fan que o verán boreal sexa a estación máis longa das catro. Nesta ocasión, a visión das Perseidas na noite do 12 ao 13 de agosto verase favorecida pola fase lunar, que estará entre nova e crecente e que, polo tanto, non vai estorbar durante a noite.


meteogalicia

Altas presións de 1030 mb ao norte de Azores. Baixas presións de 1005 mb ao oeste de Francia.

O NOSO MAR: Vento do noroeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:253.4 m
Baixamar07:430.9 m
Preamar14:033.4 m
Baixamar20:050.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:163.3 m
Baixamar07:350.9 m
Preamar13:523.3 m
Baixamar19:590.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:213.3 m
Baixamar07:410.9 m
Preamar13:583.3 m
Baixamar20:040.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.