Convocado o proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego para axente de igualdade na Pobra

25 Xuño 2021

O Concello da Pobra vén de anunciar a convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para axente de igualdade, mediante un concurso- oposición para a cobertura en réxime laboral temporal do posto indicado.
As persoas aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos, referidos ó ultimo día do prazo de presentación de instancias; entre elas, estar na posesión do título universitario oficial de grao ou diplomatura en Igualdade, Socioloxía, Psicoloxía, Dereito, Ciencias Políticas e da Administración, Psicopedagóxica ou Pedagoxía, Traballo Social, Educación Social ou un equivalente da área de ciencias sociais e xurídicas, así como te-la formación especializada en materia de igualdade de xénero ou violencia de xénero, salvo no caso do grao en Igualdade.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste venres 25, así mesmo as indicacións necesarias atópanse na Sede Electrónica. As solicitudes axustaranse ó modelo normalizado que figura no anexo I, acompañadas da documentación que se indica nas bases. Toda a información detallada está á disposición nas canles xa referidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...