Concedida unha Bandeira Negra a Sacyr polas minas de San Finx

29 Xuño 2021

Ecoloxistas en Acción compartiu este 29 de xuño a súa listaxe de Bandeiras Negras por contaminación, unhas distincións en negativo que salientan e visualizan os que serían os exemplos do que nunca debera facerse en materia de medio ambiente e xestión dos recursos naturais. Na comarca temos a dubidosa honra de ter unha Bandeira Negra: a outorgada pola organización ecoloxista a Sacyr polas minas de San Finx, en Lousame. O motivo? En palabras de Ecoloxistas en Acción, “as verteduras con metais pesados tóxicos que se veñen producindo de forma continuada e pola ameaza que supoñen as presas de residuos mineiros das que a concesionaria, filial de Sacyr, non quere facerse cargo”.

Esta é a segunda bandeira negra outorgada polo colectivo ecoloxista, logo de terse incluído no seu Informe Bandeiras Negras de 2017.

O informe é resultado da análise sobre a situación ambiental das costas e do entorno litoral que realiza Ecoloxistas en Acción, no que se destacan as zonas con peor estado ambiental do Estado e as actuacións irresponsables por parte de administracións públicas, que promoveron a destrucción ou teñen posto en perigo o litoral. No caso de San Finx, está constatado o impacto por metais pesados no Esteiro do Tambre, en plena Rede Natura 2000, como se evidenciou en recentes publicacións científicas.

Frente á imaxe idílica das Bandeiras Azuis, desde Noia ea plataforma Vida e Ría ou Minería? lembran “a degradación á que se está sometendo ás nosas costas, colocando en risco o delicado equilibrio entre recursos e acción humana que posibilita que a nosa ría sexa unha das zonas marisqueiras máis ricas e productivas do Estado”.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.