“Colaboración entre as ONG medioambientais, a pesca e a ciencia”. Antón Luaces

14 Xuño 2021

A colaboración entre as ONG medioambientais, a industria pesqueira e a ciencia impulsa a sustentabilidade é un evento virtual organizado pola Xunta e a Oficina Europea para a Conservación e o Desenvolvemento (EBCD), que ten como obxectivo por en valor a suma de sinerxias entre as ONG medioambientais, o sector marítimo-pesqueiro e a ciencia en beneficio da saúde dos ecosistemas e dunha pesca sustentable.O  seminario -en cuxa sesión de apertura, mañá, martes, vai participar a conselleira do Mar, Rosa Quintana- permitirá, a través de esquemas actuais de cooperación que serán presentados por distintos expertos nas materias  obxectivo do mesmo, detallar como se poden acadar resultados concretos e efectivos  para a sustentabilidade marítimo-pesqueira cando se impulsa a colaboración entre o sector e as ONG medioambientais.
A partir das 16,25 horas diferentes axentes internacionais vencellados ao sector pesqueiro e á ecoloxía presentarán estudos de casos. Entre estes figura o presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadoresda Coruña, Daniel Formoso, que vai tratar dunha iniciativa da confraría de Noia apoiada na convocatoria de axudas da Xunta de 2020 a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos do mar, unha acción que se enmarca no plan Marlimpo da Consellería do Mar que tenhta contribuirqa acadar un ambiente costeiro e mariño limpo e produtivo e unha redución da cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras. Na súa quenda de intervención, o director xeral de Espadeiros do Atlántico, Emilio Martínez Cadilla, e o director de pesca e mercados de Sustainable Fisheries Patnershio:FIP Blus, Pedro Ferreiro, exporán o proxecto FIO Blues, de mellora das pesqueiras de peixe espada e quenlla azul. Por último. Ernesto Penas, membro do Grupo de Expertos de Pesca da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), moderará unha quenda de preguntas e respostas.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...