Chiña e Ricardo Parada achegan unha finde musical en Porto do Son

30 Xuño 2021

Quen queira música en directo en contornas seguras e distanciadas, vaina atopar nos nosos concellos estes verán.

Por exemplo en Porto do Son, onde o Concello presentou estes días o ciclo Verán Musical, que colle impulso este 3 de xullo no porto da vila sonense cunha actuación da cantante Chiña, ás 13.00 horas, e proseguirá ao día seguinte, na praza do Curro de Portosín cunha cita musical con Ricardo Parada, ás 13.00 horas.

Polo ciclo tamén pasarán Party Lesta Duo, Trío Jazz, Os Buguis, Rockolas, DJ Geno Vinilos e Raíces Flamencas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.