Cabo de Cruz acolleu o ecuador do Campionato Gallego Inclusivo Fibralar de Motonáutica

20 Xuño 2021
Foto familia. remitida

O porto deportivo de Cabo de Cruz, acolleu esta fin de semana a quinta proba do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica, un ecuador na cita autonómica que promove a gran empresa de servizos da internet
galega e na que as tornas cambiaron a favor dos vigueses José Luís Álvarez e Oswaldo Davila, que por primeira vez desbancan desde o máis alto do podio e co seu permiso aos imbatibles Pepe Barrio e Pilar Sarmiento. Os noieses, membros do equipo ADECO- DEA – Agrupación Deportiva Costa Oeste / Deporte Adaptado, non tiveron o seu día e
penalizaron na proba de fondeo, relegándoos ata a terceira posición.
A posto prata adxudicábanllo os tomiñeses Marcos Casaleiro e Tania Iglesias, que rexistraron un dos mellores tempos da xornada de competición e sen penalizacións, actuación que lles valeu a segunda praza desta quinta proba disputada nas augas arousás.
O Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, baixo o patrocinio de Fibralar e Deporte Galego da Xunta de Galicia, contando coa colaboración do proxecto “Un Mar para Todos”, renovarase o próximo 3 de xullo, coa celebración da sexta proba, das 10 programadas, na localidade ourensá de Castrelo de Miño.

Os vigueses Álvarez e Davila arrebátanlle por primeira vez o posto dourado aos noieses
Barrio e Sarmiento. remetido

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.