Boiro Novo mostra a súa solidariedade e o respecto coa familia que recibiu a agresión homófoba en Cabo de Cruz

28 Xuño 2021

Boiro Novo emitiu un comunicado de repulsa contra os ataques homófobos acontecidos recemente no Concello, e súmase deste xeito, reivindicando a tolerancia pola diversidade e condenando as agresións, ás conmemoracións deste 28 de xuño, Día do Orgullo LGTBIQ+. A agrupación mostrou a súa solidariedade coa familia que colocou unha bandeira LGTBIQ+ na fachada da súa casa, en Cabo de Cruz, “un acto exemplar que merece todo o noso apoio e recoñecemento”, e máis aínda tendo en conta o ataque recibiron despois de posicionarse a prol do respecto pola liberdade sexual e de afectos.

E explican: “Feitos tan graves coma o destas pintadas homófobas non poden quedar impunes, e deben atopar en fronte a todas as persoas, autoridades e institucións que traballamos día a día por construír un mundo máis xusto, máis solidario e máis inclusivo na diversidade. Diante dun ataque homófobo destas características, o Concello, como institución máis próxima, e a Corporación municipal, como órgano que representa a vontade de todas e todos os boirenses, non poden poñerse de perfil e deben ser os primeiros en rexeitar estas actuacións impropias dun estado democrático no século XXI, poñendo todos os medios dos que dispón para apoiar tanto á familia afectada, así como a todas as persoas que forman parte do colectivo LGTBIQ+ no noso concello”.

A agrupación sauda e felicita accións como o pendurado de bandeiras ou pintado de mobiliario coas cores LGTBIQ+ pero tamen endente “que este apoio non debe restrinxirse unicamente a accións puntuais nas datas próximas ao Día do Orgullo, senón que debe implicar un compromiso constante no que se teña sempre presente a inclusión e o respecto pola diversidade de todas as persoas nas iniciativas sociais, culturais, deportivas, educativas, etc que se leven acabo todos os días do ano”.

Porto isto, Boiro Novo solicita o seguinte:

-Que a Policía Local, en coordinación co resto de autoridades implicadas, colabore na investigación destes feitos homófobos e se adopten as accións correspondentes.

-Que o conxunto da Corporación municipal do Concello de Boiro manifeste institucionalmente a súa condena ós actos homófobos acontecidos, e se sume á veciñazanza de Cabo de Cruz amosando o seu apoio ós dereitos do colectivo LGTBIQ+ coa colocación de bandeiras e/ou outra simboloxía LGTBIQ+ nos edificios e outros lugares públicos do concello, especialmente nos situados no propio lugar de Cabo de Cruz.

-Que dende o Concello se impulsen actividades de concienciación e divulgación no respecto a diversidade e ás persoas do colectivo LGTBIQ+. Que estas actividades non sexan unicamente no día 28 de xuño, senón que se teñan en conta á hora de planificar outros eventos culturais, deportivos, festas, etc.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Nace o Club de Produto Enogastronómico Barbanza Arousa

A Mancomunidade Barbanza Arousa (formada por A Pobra, Rianxo, Ribeira e Boiro) botou a andar esta tempada o seu Club de Produto Enogastronómico, unha ferramenta de cooperación público-privada que nace co fin de contribuír á consolidación de Barbanza Arousa como...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.