Boiro homenaxe ás súas mulleres coidadoras no novo número da revista Folía

26 Xuño 2021

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro presentou este venres 25 de xuño unha nova edición da revista Folía, que se edita no marco das Festas do Verán 2021 servindo de homenaxe específico ás mulleres coidadoras, que son, en palabras do dito departamento municipal “as raíñas das festas deste ano”. Na presentación estiveron o alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, acompañadas dunha representación das homenaxeadas.

Mercedes, Manola, Marina, Marta, Rosa ou Romina son algunhas destas mulleres que coidan doutras persoas dependentes ou menores de idade, unha figura que se pretende poñer en valor con esta publicación e as grandes homenaxeadas nas festas do verán. “Elas son enfermeiras, profesoras, traballadoras de centros de día ou escolas infantís, nais ou avoas”, explicaron Romero e Outeiral.

A revista deste ano editouse nun formato moi semellante ao das últimas edicións e nela recóllense fotos das festas do verán, o programa das festas, e textos de escritores e comunicadores locais, como Charo Lópes, Moncho Ares, Antón Gallardo, Xosé Manuel Triñanes, Rita Sánchez Dosil, Estevo Silva, Patricia Giao, Natalia Romero, Susana Mariño, Maite Mosconi e Luis Ferreirós.

Ademais inclúense anuncios de empresas e comercios locais de todos aqueles negocios que sempre participan coa publicación e outros novos que abriron durante o último ano. Este patrocinio é gratuíto para todas elas, xa que a revista a financia integramente o Concello de Boiro como agradecemento a todas esas empresas locais nestes momentos difíciles despois da COVID-19.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.