“As primeiras represións contra barcos galegos tras o Brexit”. Antón Luaces

02 Xuño 2021
“pesqueiro Punta Candieira”

Era previsible. Víase vir. Irlanda asume responsabilidades que, en teoría, só corresponden ao Reino Unido, causa, motor e alma do “divorcio” deste país da Unión Europea. Galicia, coma sempre desde o acceso de España á UE en 1986 e xa antes desta integración, está agora a pagar os pratos rompidos do Brexit. 
Nesta oportunidade é o palangreiro de Celeiro e armador de Cedeira “Punta  Candieira”, sobmetido nestes momentos a moi serios controis para determinar distintos organismos irlandeses se pode acusalo de presuntos delictos de contaminación, navegación e pesca ilegais que, no caso de poderen demostrarse, podería supor ao armador o aboamento dunha dura sanción económica e a retención ata a celebración do correspondente xuízo do barco no porto de Cobs, ao oeste de Corck. A estes cargos citados podería sumarse a denuncia do arrastreiro irlandés “Lours de Mers” que o acusa de o ter acosado, segundo manifestacións realizadas a Valentia Radio.A causa desta situación emana da controversia que afecta ás autoridades pesqueiras de Irlanda porque, o pasado venres, 28 de maio, ambos os pesqueiros mantiveron -ao parecer- un desencontro por o dereito de paso de cada quen na bahía de Bantry. O incidente entre ambos os pesqueiros foi coñecido polos demáis barcos -entre estes varios galegos- que se atopaban nas proximidades, e tamén polo Ministerio das Pesca (FMC) que agora prepara o proceptivo informe na base naval de Haulbowline. A preparación de toda esta documentación evidencia, segundo algunhas informacións emanadas  de fontes que se supoñen próximas á Autoridade de Protección da Pesca Mariña, que o “Punta Candieira” está incurso nunha investigación que realizan varios organismos estatais polos presuntos delictos xa citados de contaminación, navegación e pesca ilegais.Ë probable que tampouco quede libre ata que se determinen as responsabilidades de cada quen, o arrastreiro irlandés “Lours de Mers”, xa que logo as autoridades locais non desbotan a posibilidade de que os seus tripulantes cortaran os aparellos do barco posteriormente ao incidente,  coa intención de evitar unha presumible acusación de ter faenado dentro dos límites das 12 millas xa que, segundo informacións que circulan na zona, o pesqueiro galego foi localizado nunha posición límite das citadas 12 millas, onde tamén estaría o barco irlandés..O “Punta Candieira” ten unha tripulación de 15 homes, a maioría deles residentes en Cedeira e Celeiro. Todos eles teñen liberdade de movemento no porto no que o palangreiro permanece retido. Foi apresado a 95 millas ao sur de Mizen Head e permanece en Cobh, no conado de Corck, desde este mércores.Para as autoridades pesqueiras irlandesas o do “Punta Candieira” é o quinto barco detido no que vai de ano, o que se interpreta polos mariñeiros galegos como a resposta irlandesa ao Brexit.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.