As augas da Pobra acollen este domingo unha dupla cita remeira

30 Xuño 2021

Este 4 de xullo o peirao comercial da Pobra do Caramiñal será o escenario de dúas importantes regatas: por unha banda a XVI Bandeira Concello da Pobra e, pola outra, a I Bandeira Feminina Alicrusa. Reunirán un total de 20 embarcacións que se botarán ao mar para tentaren acadar a vitoria na súa modalidade correspondente.

Ambas probas forman parte do calendario oficial de competición da Liga Galega de Traiñeiras A e da Liga Galega de Traiñeiras Feminina.

Ao acto de presentación destes eventos deportivos asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); Adrián González, en representación do Club Remo Puebla; Jonatan Fernández, no nome da Liga Galega de Traiñeiras (LGT); Antía Alberte, remeira do equipo absoluto feminino da entidade deportiva pobrense; e Camila García, remeira do equipo veterano feminino da mesma entidade.

A xornada arrancará ás 11.30 horas coa I Bandeira Feminina Alicrusa, na cal participarán 8 clubs, entre eles o propio Club Remo Puebla, que competirá nesta categoría por primeira vez. Unha vez conclúa esta proba, arredor das 12.30 horas, terá lugar a XVI Bandeira Concello da Pobra, na cal tomarán parte 12 entidades deportivas.

O percorrido será de 5.556 metros, tanto para a categoría masculina coma para a feminina, nun campo de 4 rúas, repartidos en 6 longos e con 5 ciavogas. O premio consistirá, ademais das propias bandeiras, no repartimento dun total de 15.633 euros: 9000 euros para a Liga A e 6.633 euros para a Liga Feminina. Establécense as mesmas cantidades para percibir por parte dos equipos masculinos e femininos en función do posto que acaden nas súas respectivas regatas.

O Concello patrocina a XVI Bandeira Concello da Pobra e colabora na organización co Club Remo Puebla; e a empresa Alicrusa patrocina a I Bandeira Feminina Alicrusa.

Os dous eventos transcorrerán seguindo as medidas establecidas por mor da COVID-19 e contarase coa colaboración da Protección Civil.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.