Arredor de 130 deportistas participaron finalmente no Xtosín Trail

15 Xuño 2021

Porto do Son acolleu este 13 de xuño un dos grandes acontecementos deportivos da tempada: a terceira edición do Xtosín Trail, con saída e chegada na rúa da Rambla de Portosín (Porto do Son). Organizaron Arousa Neo, SachaCamiños Clube e a área de Deportes de Porto do Son.

Segundo confirmaron, os deportistas Carlos Lorenzo e Vanesa Maneiro foron os grandes protagonistas do evento. O primeiro proclamouse campión seguido de Rubén Caamaño, a máis de seis minutos de Lorenzo, e Óscar Guerra (bronce). Vanesa Maneiro ocupou o primeiro posto do podio en categoría feminina, seguida de Mari Pombo e Carmen Otero.

Chegaron á liña de meta a práctica totalidade dos 131 corredores que tomaron a liña de saída, malia a dureza do percorrido do clima dun día moi solleiro e case abafante (de feito, varios corredores tiveron problemas de hidratación, dos que puideron recuperarse axiña). Previo ao comezo da proba gardouse un minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia de xénero.

Itinerario

Respecto do itinerario, a carreira saíu en dirección á praia de Coira aproveitando o paseo marítimo e unha senda costeira, para logo cruzar a vía AC-550 no km. 81,6 en dirección á Silva subindo ata aldea pola estrada que dá acceso á mesma. De alí subiuse logo ao Alto da Figueira Longa e rematouse regresando pola zona de Trapa e aldea de Valcunqueiro, e cruzando novamente a vía AC-550 no km. 80,3.

Distancia

Tivo unha distancia de 14,5 quilómetros que discorreron na maior parte por un firme de terra con dous cruces por treitos de asfalto nos puntos citados. Os participantes percorreron treitos do concello de Porto do Son e tamén do de Lousame. A proba deportiva tivo carácter popular non estando incluída en ningún calendario federativo, e estivo aberta a participación a maiores de 18 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...