Adxudicada de xeito provisional a renovación de servizos e pavimento na rúa Falcato de Corrubedo

03 Xuño 2021

O Concello de Ribeira adxudicou de xeito provisional o proxecto para a renovación de servizos e pavimentado na rúa Falcato e na travesa do mesmo nome, as dúas situadas en Corrubedo.

A empresa que obtivo a mellor puntuación entre as 23 presentadas resultou Construcciones Anspa, S.L., conforme a unha oferta económica de 53.845 euros, IVE incluído.

O Concello lembra que na actualidade “os servizos de augas e saneamento nesta zona son antigos e rexistran avarías frecuentes, en tanto que o pavimento de formigón se atopa en mal estado”. Así, co obxectivo de “solucionar estas eivas” vaise executar un proxecto que inclúe, en canto a instalacións, as seguintes accións:

• Disposición polo centro da calzada dun colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro para canalizar as augas pluviais, ademais de construír arquetas de sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado, ademais de acometidas de pluviais nas vivendas existentes.

• Para saneamentos, instalación dun colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetros, así como a realización de acometidas domiciliarias e pozos de rexistro.

No que atinxe a pavimentos vaise empregar pavimento de formigón de 15 centímetros de espesor, intercalado con franxas de lousas de granito con dimensións 60x40x8 cm.

O orzamento de licitación ascende a 76.133,13 euros, IVE incluído, estando o investimento enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020.

O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.