Adxudicación provisional das obras para a mellora da rúa das Américas en Aguiño

09 Xuño 2021

O Concello de Ribeira vén de anunciar a adxudicación con carácter provisional das obras de renovación dos servizos e pavimentación da rúa das Américas na localidade de Aguiño. A intervención será executada por Obras y Viales de Galicia, S.L., cun investimento de 144.420 euros.

As obras teñen como obxectivo mellorar a contorna a través da substitución tanto das beirarrúas de baldosa hidráulica e do aglomerado asfáltico como dos servizos de auga potábel, saneamento e pluviais, actualmente en mal estado.

Así, elaborouse un proxecto técnico que inclúe a instalación dunha tubaxe para a auga potábel, que soluciona as carencias do subministro ademais de mellorar a súa disposición ante o previsíbel aumento da demanda na zona. Doutra banda, instalarase un colector PVC con pozos de rexistro para o saneamento de fecais.

Para acondicionar os pluviais, colocarase un colector de PVC que conducirá as augas ás redes situadas na rúa Francisco Lorenzo Mariño. No tocante aos pavimentos, demoleranse os actuais e construiranse beirarrúas de formigón continuo e aplicarase aglomerado asfáltico ao firme da calzada.

A intervención, que se enmarca no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal, ten un prazo de execución de seis meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.