A Xunta segue a traballar na normativa que permitirá abrir os peiraos á pesca recreativa por primeira vez desde 1972

11 Xuño 2021

  Portos de Galicia está a elaborar o texto para integrar esta actividade nos usos portuarios con todas as garantías

A Consellería do Mar lembra que está a traballar, a través de Portos de Galicia, na redacción dun documento regulador que permita abrir peiraos autonómicos á pesca recreativa desde terra por primeira vez desde o ano 1972. O ente público está co proceso de elaboración do texto que permitirá integrar esta actividade nos usos portuarios de determinados portos logo de ter presentado unha primeira proposta ao sector e ter recompilado as súas aportacións ao respecto. Esas consideracións están a ser valoradas e incluídas na medida do posible de acordo con criterios de seguridade persoal e operatividade portuaria.
Portos de Galicia lembra a súa vontade de regular esta actividade, que non está autorizada por ningunha normativa estatal nin autonómica desde 1972 e que a Consellería do Mar quere integrar garantindo a convivencia harmónica co resto de actividades que se realizan nos espazos portuarios. Con este obxectivo, o ente público está a traballar nun
documento coas asociacións de pescadores recreativos establecendo en todo momento como prioridades tanto a seguridade dos usuarios e das instalacións como o respecto ao resto de actividades portuarias.
A proposta inicial de Portos de Galicia, que se atopa en proceso de análise a avaliación, recolle a categorización dos portos en tres niveis en función da posibilidade de integrar esta actividade polo que habería peiraos nos que se podería pescar libremente, outros que contaría con certas restricións e algúns nos que non estaría autorizada a pesca deportiva.
A maiores, entre outros requisitos figurarían a obrigatoriedade de facer un seguro con cobertura aos danos persoais e a terceiros, a reserva do solo, a xestión dos residuos xerados e uso axeitado de aparcadoiros e outras instalacións portuarias. A intención dePortos de Galicia é ter elaborado o documento definitivo a finais deste mes de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...