A Xunta recoñece aos equipos das películas Ons e A illa das mentiras polos Premios Mestre Mateo

14 Xuño 2021

A Xunta de Galicia felicitou aos equipos das películas Ons e A illa das mentiras polos nove e cinco galardóns recibidos na última edición dos Premios Mestre Mateo. Estes premios servirán para poñer ao Parque Nacional das Illas Atlánticas no mapa internacional e contribuír á difusión turística.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen se desprazou ata Ons en barco xunto ao director e guionista de Ons, Alfonso Zarauza, e á realizadora de A illa das mentiras, Paula Cons, para transmitirlles o seu dobre agradecemento por contribuír á dinamización do audiovisual galego e escoller o Parque Nacional para ambientar ambas largometraxes. Isto permitirán contribuír a dar a coñecer as Illas Atlánticas e a súa beleza natural e paisaxística, o que suporá un novo pulo desde o punto de vista turístico, logo dun ano marcado pola COVID-19.
Doutra banda, o director de Agadic, Jacobo Sutil, resaltou “ a visibilidade de Galicia que se pode conseguir a través do cine. Esperemos que a través da colaboración coa Xunta outras partes de Galicia sexan o lugar escollido para facer novos proxectos audiovisuais con tanto talento, calidade e recoñecemento do público en xeral, da crítica e do sector
como estas dúas películas”.
Ademais, para cerrar, os directores das películas coincidiron en subliñar o apoio recibido en todo momento pola Xunta para poder facer realidade as súas películas e rodar en dous escenarios naturais “privilexiados”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.