A Xunta publica República Sideral, da rianxeira Esther F. Carrodeguas

30 Xuño 2021

A Xunta publicou as obras gañadoras dos premios para textos teatrais Álvaro Cunqueiro e Barriga Verde, tres títulos de literatura dramática galega que vén de ver a luz nas coleccións que a Consellería de Cultura mantén con Edicións Xerais e Baía Edicións.

Trátase de As desterradas, coa que Carme Varela obtivo o XXV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, así como das gañadoras do XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques: República Sideral, da rianxeira Esther F. Carrodeguas, na modalidade para adultos, e Pois eu!, de Carlos Losada Galiñáns, na de rapaces. Os tres títulos poden adquirirse tanto na Libraría Institucional da Xunta como nos principais puntos físicos de venda.

República Sideral

A obra publicada da actriz, directora e escritora rianxeira Esther F. Carrodeguas é, unha farsa esperpéntica que parte dun episodio pouco coñecido da historia de Galicia: a declaración da República Federal Independente da Illa de Arousa durante unhas horas entre o 7 e o 8 de outubro de 1934. Botando man do humor e do deostado teatro da cachaporra, Carrodeguas propón unha reflexión sobre o absurdo da condición humana, a guerra, os enfrontamentos ideolóxicos e as mortes gratuítas.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.