A Xunta adxudica as obras para a instalación de peitoril na ponte vella da estrada AC-550 en Noia

23 Xuño 2021

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou as obras para a instalación de peotoril na ponte vella da estrada autonómica AC-550, ao seu paso polo concello de Noia.

O contrato foi adxudicado á empresa Metalnoia S.L., por máis de 48.000 euros. Os traballos comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de 1 mes. A actuación consistirá na substitución do elemento de contención de vehículos nesta ponte situada no punto quilométrico 73+200 da vía autonómica, que na actualidade conta cunha barreira soportada por uns perfís metálicos.

Deste xeito, as obras incluirán a desmontaxe e retirada do actual sistema de contención e a instalación dunha nova barreira para contención dos vehículos, de xeito que quede protexido o tráfico de peóns que circula pola beirarrúa.

Os traballos impulsados polo departamento que dirixe Ethel Vázquez suporán, ademais, unha mellora estética nunha zona moi transitada e sensible desde o punto de vista patrimonial e natural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...