A veciñanza da Pobra xa pode solicitar información sobre o servizo de comedor sobre rodas

01 Xuño 2021

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), e a educadora familiar do Concello, Lidia Martínez, indicaron hoxe que a veciñanza da Pobra xa pode solicitar información sobre o servizo de comedor sobre rodas. Segundo fixeron saber, as persoas interesadas nesta prestación -que contará con financiamento do Plan+Adicional 2021 para gastos sociais, da Deputación da Coruña-, poden contactar xa co Departamento dos Servizos Sociais, a través do teléfono 981 832 764.

Tamén engadiron que “o comedor sobre rodas é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración do cathering”.

Os menús entregaranse de luns a venres, agás nos festivos, en horario de 12.00 a 14.30 horas no propio domicilio.

Serán elaborados segundo as necesidades das persoas usuarias, baixo unha prescrición médica, de ser o caso, e constarán dun primeiro prato, dun segundo e mais sobremesa.

A finalidade desta prestación, explicaron, “radica en que as persoas maiores e/ou dependentes poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posíbel e cun nivel de independencia e autonomía aceptábel”.

Máis polo miúdo, os obxectivos específicos son proporcionar “unha dieta equilibrada e nutritiva que favoreza unha alimentación sa e axeitada, individualizada para cada beneficiario/a; prestar un servizo complementario doutros con carácter asistencial que existen para cubrir as necesidades básicas e ter apoio ante unha situación de emerxencia; atrasar a institucionalización das persoas usuarias; e impulsar medidas de apoio á conciliación familiar e laboral”.

Poderán ser beneficiarias do comedor sobre rodas aquelas persoas ou unidades familiares de convivencia empadroadas e residentes no concello da Pobra, cun estado de necesidade recoñecido polos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e sempre que cumpran uns requisitos recoñecidos para a súa concesión. Entre os requisitos xerais das persoas beneficiarias figuran o de seren maiores de 60 anos con limitacións de autonomía persoal e que non conten con apoio para desenvolverse por si mesmas; seren menores de 60 anos que por circunstancias persoais e/ou sociais precisen o servizo; ou seren dependentes que carezan de axuda para se desenvolveren na elaboración das comidas.

O órgano instrutor será o propio persoal dos Servizos Sociais. Seguirase un baremo de cualificación, no cal o máximo será de 50 puntos, mediante a aplicación dunha serie de criterios de valoración: a situación sociofamiliar e o apoio social (unha persoa que vive soa ou unha persoa que convive con familiares ou outras persoas) e a situación socioeconómica.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...