A Pobra amplía as rutas para coñecer as illas Atlánticas e o río Ulla este verán

16 Xuño 2021

Quen queira coñecer as marabillas do mar do Barbanza dende A Pobra do Caramiñal, vai ter oportunidades para facelo este verán. Segundo informou o Concello, ás visitas guiadas ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas programadas para este mes de xuño con saída e chegada ao municipio pobrense, engádense outras catro viaxes para o que resta da tempada estival; entre elas, unha saída para coñecer a Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla. Ofértanse así, para o conxunto do verán, un total de cinco travesías froito da colaboración por terceiro ano consecutivo entre o Concello da Pobra do Caramiñal e a empresa Piratas de Nabia.

Ao acto de presentación asistiron a concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Ángeles Tubío; e Vanessa Varela, en representación da referida navieira.

No 12 de xuño inaugurouse este programa coa visita a Sálvora, na coñecida como ruta Starlight, mentres que no día 27 será a quenda de achegarse ata Ons. Xa en pleno mes de xullo navegarase pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla, no 25. Finalmente, en agosto regresarase a Ons e Sálvora, no 8 e no 29, respectivamente.

Tanto a edil coma a representante de Piratas de Nabia cualificaron a primeira das viaxes como “todo un éxito” e fixeron un chamamento a residentes e visitantes para “seguir participando nestas propostas que posibilitan coñecer o patrimonio natural”.

As persoas interesadas deben formalizar a súa reserva con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048. Tamén se pode solicitar información e resolver dúbidas na web de Turismo da Pobra ou no 671 090 262. A empresa xestionará directamente a tramitación das autorizacións de entrada ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.